Nace A Coruña Respira Música

Semana adicada ás Músicas ao Vivo

A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música.
As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro.
Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais centradas en diversos conceptos e disciplinas musicais. Artistas dun prestixio indiscutible compartirán os seus coñecementos durante as mañás do 11 ao 13 de decembro na Escola Municipal de Música. Xabier Díaz, Luis Pastor , Sumrrá e Narci Rodríguez serán os responsables destas formacións sen custe ningún.
As tardes do 10 ao 14, entre o Centro Cívico da Cidade Vella e o Garufa Club acollerán charlas formativas sobre diversos aspectos relacionados cunha carreira musical, … se queres saber máis e apuntarte aos distintos eventos, preme aquí.

Quen somos?

Manifesto MAV Coruña

A Coruña é a música

A Coruña ten unha relación intrínseca coa música, aquí foi onde se gravou o primeiro disco galego en 1904, onde tivemos a primeira tenda de música en Galicia, onde naceron e se criaron artistas de sona internacional e cunha tradición que abrangue dende a música clásica ata o folque, pasando polo rock ou mesmo o pop. A Coruña é cidade mariñeira e tamén peirao de músicas e músicos que se achegan a calquera recanto do mundo. Hoxe en día a música e o músico da cidade viven unha situación crítica debido a que se traballa sen un marco normativo [ler máis]